Tuesday 30 de April de 2024

Touro acolle un curso de transformación do leite e unha xornada sobre o castiñeiro de froito


O Concello de Touro acolle un curso de Fomento de autoemprego: transformación do leite. Productos diferentes do queixo, impulsado polo GDR Ulla Tambre Mandeo e no que o prazo para apuntarse está aberto ata o 20 de febreiro, e unha xornada sobre o castiñeiro de froito, que se celebrará o 26 de febreiro.

O curso sobre transformación do leite está impulsado polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla Tambre Mandeo. O prazo de inscrición é ata o 20 de febreiro. O interesados poden poñerse en contacto a través do teléfono: 981.511.377 ou no email: leader@gdrullatambremandeo.gal. O curso impartirase en Touro e é gratuito. Consta de 20 horas de teoría e de outras 20 horas de prácticas.

Pola súa banda, a xornada sobre o castiñeiro de froito celebrarase na sede do Concello de Touro. Un experto falará sobre a plantación e coidados que requieren os castiñeiros. Será o 26 de febreiro ás 17.00 horas e está aberto a todos os interesados.